Culleredo incorpora un esparexedor de sal para intervencións no caso de xeadas

O Concello de Culleredo conta cun novo equipo para a intervención do persoal de seguridade en caso de xeadas. Trátase dun esparcidor de sal, acoplable aos vehículos, que se incorpora así ao material de emerxencia para Protección Civil.

O esparexedor ten unha capacidade de 362 litros e dispón dun bastidor metálico con protección anticorrosión. A velocidade e a anchura de esparexemento é regulable.

O alcalde, José Ramón Rioboo, recibiu no Concello o equipo, xunto co concelleiro de Protección Civil, Abraham Seijas. O rexedor destacou que o incremento dos equipos de emerxencia “é unha constante” para proporcionar unha intervención rápida á cidadanía, neste caso, para situacións de presenza de xeo ou neve na rede viaria, o que sempre é unha rega para a circulación.

O equipo foi proporcionado pola Xunta de Galicia, en virtude da axuda lograda polo Concello para a dotación de equipamentos. Culleredo é beneficiario xunto a outros 6 concellos e unha mancomunidade de toda Galicia.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina