O Concello promove 'Reis Solidarios', a campaña de Nadal para que ningún neno ou nena se quede sen o seu xoguete

O Concello de Culleredo, a través da Oficina de Voluntariado e en colaboracióncoa ONG ‘Reis Magos de verdade’, promove un ano máis a campaña solidaria de Nadal dirixido a apelar á colaboración veciñal para que ningún neno e nena do municipio quede sen o seu xoguete de reis.

Esta acción, que pretende ser unha cadea, articularase a partir dun formulario de inscrición onde os veciños e veciñas, particulares e empresas que decidan patrocinar esta acción, poderán elixir o número de cartas que poden apoiar. A figura de ‘Rey Solidario’ pode sinalar o número de cartas que desexa apoiar. 

Posteriormente, os nenos e nenas incluídos na campaña, escribirán unha carta mencionando ata 3 agasallos, dos cales será seleccionado un, respectando sempre a cantidade que se pactou coas familias e que non poderá ser superior a 35 euros por presente.

Os ‘Reis Solidarios’ poderán entregar os seus agasallos nas instalacións do Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, indicando o nome da campaña, xunto co nome da persoa doante.

O prazo para articular as doazóns será ata o 20 de decembro. Cada participante terá a opción de solicitar un “selo solidario” no que poderá poñer a súa foto ou o logo da súa empresa, colectivo, equipo deportivo, etc… e que se poderá expoñer ou ben fisicamente cun adhesivo ou de forma virtual para inserir nas redes sociais do interesado ou interesada.

Para máis información, as canles de contacto habilitados son o número de Whatsapp 620 008 450 ou o correo electrónico omvol@culleredo.es

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina