O Concello de Culleredo licita por 467.784,69 euros a dotación da cuberta para a pista polideportiva de Ledoño

Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.

O Concello de Culleredo sacou a licitación a obra para cubrir a pista deportiva situada en Ledoño, no complexo formado polo parque infantil, a escola unitaria e a área recreativa, que contará cun orzamento base de 467.784,69 euros.

A actuación consistirá na instalación dunha gran cuberta, de teito ovalado, o que lle conferirá un aspecto moderno e manterá a súa funcionalidade. O material principal será a madeira, acorde coa contorna verde.

Prevese que o teito sexa translúcido, para permitir unha maior entrada de luz natural. A pista será renovada con firme que propicie a práctica deportiva, con textura microrrugosa impermeable. A marcaxe das liñas deportivas levará a cabo cunha pintura acrílica mate.

Ademais, a pista cambiará completamente de imaxe, conforme as pasadas actuacións en espazos como as do Burgo, Sacra Familia ou A Corveira. Así, o firme será azul, terá marcado o escudo do Concello, e contará cun cartel identificativo.

O proxecto responde as demandas veciñais, que apostan por contar cunha zona cuberta que garanta a realización das súas actividades e celebracións, ademais de servir de punto de encontro para os nenos. A cuberta estará preparada para contemplar o seu peche completo no futuro.

“A xeración e mellora de espazos públicos é un eixo dos nosos plans de obras”, afirma o primeiro edil. Rioboo explica que se conseguirá “unha área con pista e parque infantil cubertos onde poder programar desde zoa a competicións deportivas, festexos ou simplemente pasar un intre en familia”.  “Será un centro neurálxico para toda a zona”, sinala.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina