O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida os mozos do municipio para participar na actividade de láser tag para celebrar o Samaín. Será o 31 de outubro no Polígono de Alvedro, nas instalacións de Loita Tag.
Haberá sesións de 55 minutos en diferentes horarios: a primeira, de 11:00 a 11:55; a segunda de 12:00 a 12:55; a terceira de 17:00 a 17:55, a cuarta de 18:00 a 18:55 e a última de 19:00 a 19:55 horas. Participarán 16 xogadoras e xogadores en cada unha, e a actividade está pensada para un total de 80 participantes en idades comprendidas entre os 14 e os 25 anos.
Decorarase a recepción, zona de armas e a zona do briefing no campo de xogo, sen que en ningún momento a decoración entorpeza a realización do xogo. Anímase ás persoas agraciadas a vestir os seus mellores galas para maior goce da xornada.
As bases poderán consultarse en www.culleredo.es. O modo de participación será a través das canles oficiais do CIPAX. As persoas interesadas en formar parte da actividade deberán mencionar a 5 amigas ou amigos cos que acudirían ata o 27 de outubro nas publicacións de redes sociais. O 28 realizarase un sorteo e publicaranse as gañadoras e gañadores na web municipal.
Consulta as bases no arquivo .pdf adxunto nesta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_loita_tag_.pdf | 26.65 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER