PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN LABORAL 2022

O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Dinamización Local, Cultura, Festas e Turismo, ten previsto impartir ao longo do mes de novembro deste ano unha serie de accións formativas enmarcadas dentro do Plan Municipal de Formación Laboral 2022, dirixidas aos veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopaban en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Con esta formación preténdese capacitar ás persoas para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ao emprego, favorecer a formación das persoas traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal, contribuír á mellora da productividade e competitividade das empresas, proporcionar aos traballadores os coñecementos axeitados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas e mellorar a empregabilidade e a recualificación dos traballadores, especialmente dos que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
 
A preinscrición realizarase mediante o formulario habilitado para tal fin, dende o 20 de outubro ás 9:00 ate o 25 de outubro ás 23:59, accedendo no seguinte enlace: Formulario preinscrición
 
As accións formativas a impartir son as seguintes:
 
  • Manipulación de cargas con carreta elevadora. 2 edicións, 12 participantes/edición.

  • Operador/a de plataformas elevadoras de persoal e traballos en altura. 12 participantes.

  • Manipulador/a de alimentos. 1 edición, 20 participantes.

 
Impartiranse no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo, agás a parte práctica do cursos de manipulación de cargas con carreta elevadora e operador/a de plataformas elevadoras de persoal e traballos en altura, que se impartirán noutras instalacións situadas no Concello de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina