O Concello licita o arranxo de vías en Folgueira e a rúa Vixía por un importe de 53.553,83 euros

O Concello de Culleredo sacou a licitación o arranxo de vías en Folgueira (VP-610) e a rúa Vixía (VP-159) por un importe de 53.553,83 euros. Trátase dunha obra incluída no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a terreos agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.

Con estas intervencións, o Concello prevé mellorar e manter os camiños municipais para liquidar as deficiencias detectadas en materia de pavimentación no seu ámbito de actuación.

Así, en Folgueira, intervirase nun total de 316 metros, acometendo o arranxo da capa de rodadura mediante a demolición e posterior bacheo das zonas gravemente deterioradas, mellorando a capa de rodadura do firme mediante a execución do asfaltado. Sempre que á segunda intervención, realizaranse tarefas de fresado antes de estender a mestura bituminosa que dará como resultado o vial restaurado.

En ambas as melloras realizaranse tarefas de limpeza e varrido do firme existente, así como a demolición do pavimento deteriorado nos lugares que indiquen os planos. Procederase, ademais, á limpeza de cunetas con retroexcavadora nas dúas marxes de cada vía.

Para mellorar a seguridade viaria, pintaranse marcas de 10 centímetros nos bordos da calzada, e colocaranse ademais dous sinais de STOP nos entroncamentos das vías con outras estradas.

Desde o goberno municipal aseguran que “estas intervencións responden á nosa liña de traballo no relacionado con coidado, preservación e mellora de servizos nas vías municipais das zonas rurais, á vez que continúan mellorando as comunicacións e optimizando a seguridade viaria, algo prioritario”.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina