José Ramón Rioboo e María Rivas visitan as obras en materia de infraestruturas que o Goberno está realizando en Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitaron esta mañá as obras en materia de infraestruturas que o Goberno está a realizar en Culleredo. Acudiron tamén o concelleiro de Obras local, Carlos Liñares; o xefe da Demarcación de Estradas, Ángel González del Río e o xefe de servizo da área de conservación de Estradas, Francisco Prego.

Trátase da rehabilitación das pasarelas peonís entre os puntos quilométricos PK- 580,95 e PK 588,050 da A-6; a implantación dun sistema de contención na mediana en distintos tramos da A-6 e a actuación integral de rozas en marxes na estrada AC-14. Todas elas contaron cun orzamento de 510.419,82 euros.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, subliñou a importancia da realización de intervencións en materia de seguridade viaria. Neste sentido, o Concello está a tramitar “proxectos de seguridade viaria para todas as estradas transversais á autonómicas AC-400, que une Sésamo e Celas, e AC-523, que atravesa Ledoño cara a Cerceda, co obxecto de crear unha rede de vías seguras para os peóns”.

A AC-400 e a AC-523 son as vías principais que serven para dar mobilidade á zona rural. Asumen, por tanto, unha maior carga de tráfico e con este plan, os veciños e veciñas de núcleos como Ledoño, Peiro, Veiga, Rumbo, Celas, Sésamo ou Sueiro, entre outros, dispoñerán de espazo seguro para ir desde as súas vivendas ata puntos como paradas de autobús, comercios, hostalería, etc. É dicir, contarán con prestacións esenciais para a súa vida diaria. O plan comezará en Veiga, na vía municipal que enlaza Ledoño con Celas pola contorna da igrexa.

“Este núcleo de Orro, tras as visicitudes que sufrimos co proceso de contratación das obras, verá empezar nun mes os traballos de mellora do tramo provincial, que se vai a ver moi beneficiada tamén coas intervencións que se fan desde o Goberno de España”, finalizou Rioboo.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou a “importancia de abordar novas infraestruturas, pero tamén conservar as que temos e hoxe poñemos de manifesto este compromiso en municipios como Culleredo”, quen lembrou tamén que “o Goberno de España investiu este ano 25 millóns de euros na conservación de estradas na provincia, dentro dos 75 millóns que está a investir en estradas coruñesas”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina