O goberno local comeza unha rolda de consultas co tecido asociativo de Culleredo para coñecer as súas demandas

O goberno local comezou esta mañá unha rolda de consultas co tecido asociativo de Culleredo para coñecer de preto as súas necesidades, demandas e achegas para mellorar servizos e infraestruturas na devandita parroquia.

José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo, reuniuse esta mañá con representantes da Asociación de Veciños de Almeiras, quenes lles fixeron saber ademais as súas achegas para os orzamentos de 2023, que en parte coincidían cos plans do executivo.

Rioboo explicoulles que o plan do Concello é executar melloras como a cuberta da praza onde se realizan as Festas; a continuación da senda do Camiño Inglés ata a antiga N-550; seguir tamén mellorando este itinerario peregrino desde a rúa Arcebispo Xelmírez ata o Polígono de Alvedro; o aglomerado da rúas San Xiao, Silva, Vigovidín ou Camiño da Igrexa, entre outras; a mellora do firme e construción de beirarrúas entre a rúa San Xiao e a Avenida de Almeiras e, nesta contorna, a mellora na seguridade viaria coa instalación dunha rede semafórica desde o tanatorio San Javier ata o Bar Aldea.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina