Rematan as 'Mañás de campamento' do Concello de Culleredo con máis de 300 inscritos

Un total de 320 nenas e nenos gozaron desde o pasado 27 de xuño do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se buscaba facilitar a conciliación, así como a dinamización dos espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como o é o verán.

Jéssica Méndez, edila de Educación, visitou aos nenos e nenas no CEIP Vila de Rutis e o CEIP Sofía Casanova para desexarlles un “feliz comezo de curso”. As actividades estiveron deseñadas para gozar ao aire libre de xogos, promovendo a convivencia e as relacións e interaccións sociais entre as nenas e nenos, e adaptadas ás diferentes idades, cun enfoque activo e participativo, e unidas mediante un fío condutor.

A ciencia, a historia, a música, as artes plásticas e a natureza son as diferentes temáticas que se abordan nos talleres que levan a cabo. Socializar e desenvolver, valores de tolerancia, traballo en equipo, integración, respecto cara aos demais e á súa contorna, foron os obxectivos transversais deste programa.

“O balance é moi positivo, cun gran número de nenas e nenos rexistrados e rexistradas, pero ademais tremendamente contentos e contentas por como se desenvolveu este Mañás de campamento, o primeiro que gozou de certa “normalidade” tras a pandemia”, declarou Méndez, concelleira de Educación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina