Culleredo habilitará este xoves o itinerario alternativo de circulación viaria polas obras da glorieta de Vilaboa

O Concello de Culleredo habilitará este xoves o itinerario alternativo de circulación de vehículos polas obras da glorieta de Vilaboa, que comezaron a semana pasada e que se atopan enmarcados dentro do proxecto de maior envergadura do mandato, o de humanización da antiga N-550 e a súa contorna ao seu paso por este núcleo poboacional. Será posible grazas a fondos europeos do EDUSI.

Farase efectivo ás 00:00 horas do 1 de setembro. Así, na Avenida de Vilaboa manterase un carril de circulación en sentido Alvedro. Para dirixirse cara á Coruña, o desvío será por Domingo Sierra e Alejandro Pérez Lugín. Esta situación alongarase ata que terminen os traballos.

Afectará tamén á localización de varias paradas de autobús e taxi, que se recolocarán nas rúas contiguas, en Alejandro Pérez Lugín, a propia Avenida de Vilaboa e Domingo Sierra.

A nova glorieta

A instalación contará con fonte e contorna urbanizado. O cruzamento regúlase desde sempre por unha semirrotonda, o que supón un risco para a seguridade viaria co que o goberno local quere finalizar.

Terá dous carrís de circulación e estará coroada por unha fonte no centro. E é que o proxecto, ademais de pretender unha mellor ordenación do tráfico e favorecer a seguridade, busca favorecer tamén a renovación da imaxe de Vilaboa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina