Culleredo realizará un novo obradoiro de emprego co Concello da Coruña tras clausurar hoxe o de rehabilitación da antiga Casa dos Peóns Camiñeiros

O Concello de Culleredo organizará desde setembro un novo obradoiro de emprego en conxunto co Concello da Coruña. A Xunta de Galicia acaba de conceder a realización da iniciativa, tal e como explicou o alcalde, José Ramón Rioboo, na clausura da anterior formación, tamén desenvolta coa cidade herculina.

O novo taller, denominado “Culleredo Activo”, beneficiará a un total de 20 persoas desempregadas, 14 procedentes de Culleredo e 6 da Coruña. Comezará o próximo mes de setembro e abordará as especialidades de carpintería e pintura industrial. A Consellería de Promoción do Emprego financiará a acción cun orzamento de 503.987 euros. Ademais, o Concello disporá de 30.000 euros en concepto de incentivos á contratación en empresas para os 20 alumnos.

Dentro do plan formativo do novo obradoiro inclúense diversas actuacións de interese xeral para os veciños de Culleredo. levarán a cabo traballos de mantemento de carpintería de madeira en dependencias municipais como o Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, A Escada, os polideportivos municipais, escolas unitarias e centros sociais.

Tamén se inclúe continuar cos traballos na antiga casa de peóns camineros, en Fonteculler, cuxa rehabilitación foi obxecto do obradoiro de emprego que hoxe clausuraron o alcalde, a directora xeral de Formación, Zeltia Lado, e o concelleiro de Desenvolvemento Económico de Culleredo, Juan Carlos Lovelle. O acto tivo lugar no salón de plenos e serviu para a entrega de diplomas ao alumnado.

 

Casa dos Peóns Camiñeiros

O obradoiro, coordinado polo Concello de Culleredo buscou a conversión da antiga Casa dos Peóns Camiñeiros nun centro de interpretación do Camiño Inglés. O obxecto do proxecto foi a rehabilitación do inmoble, cunha antigüidade de 90 anos.

O investimento foi de 408.946 euros, dos que case un 85% procederon da Consellería de Promoción do Emprego, sendo a contía restante achegada polo Concello de Culleredo. A súa duración foi de 9 meses e formáronse 20 alumnos, 14 de Culleredo e 6 da Coruña, nas especialidades de Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción e en Instalación de elementos de carpintería.

Rioboo agradeceu a implicación da Consellería para levar a cabo acciones “moi necesarias para apoiar a inserción laboral dúas veciños e veciñas”. Lembrou as escolas taller que supuxeron importantes proxectos de formación e mellora de espazos públicos para Culleredo e reafirmouse no traballo conxunto coa Coruña para desenvolver novos obradoiros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina