Un dispositivo especial de seguridade regulará as Festas do Burgo que comezan mañá

Regresan as festas patronais do Burgo comezan mañá, xoves 21 de xullo coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. Combinarán as verbenas, cos postos ou as grandes atraccións.

Haberá un plan especial de tráfico focalizado na seguridade do peón, co reforzo diario de patrullas da Policía Local, que ademais apoiarán á Garda Civil no operativo de seguridade que establecerá.

Como serán miles as persoas que acudan a pé ao recinto da festa, a Policía Local establecerá unha regulación nos pasos de peóns da contorna. Na avenida da Coruña, principal acceso á zona da festas, instaláronse valos que ampliarán a zona reservada aos viandantes.

A protección dos peóns será un dos grandes obxectivos do dispositivo. Ademais de controlar os pasos de peóns, a Policía Local velará por evitar aparcamentos prohibidos en zonas que afecten o tránsito das persoas, como as beirarrúas.

A avenida Juan Carlos I permanecerá cortada desde a glorieta da avenida da Coruña ata a rúa Anxo Senra. O corte comezará ás 17.00 horas, salvo os días 24 e 25, que será ás 12.00 horas. O Concello de Culleredo recomenda aos que acudan ás festas en coche que collan a avenida Juan Carlos I en Fonteculler e seguindo as indicacións de Protección Civil e Policía Local estacionen no Gadis ou xunto ao botánico.

Para persoas con mobilidade reducida, o Concello creará zonas especiais no aparcamento de Gadis e na rúa Templarios. Os taxis terán unha parada especial na avenida da Coruña.

O alcalde, José Ramón Rioboo, fai un chamamento aos cidadáns para gozar dos festexos con tranquilidade, sen alcol ao volante, e atendendo en todo momento ás indicacións dos efectivos de seguridade.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina