Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade de cinco prazas de policía local (4 acceso libre e 1 concurso) funcionario de carreira
Convócase proceso selectivo para a provisión en propiedade de cinco prazas de policía local (4 acceso libre e 1 concurso) funcionario de carreira, polo procedemento de acceso libre e concurso do Concello de Culleredo
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día seis de xuño de dous mil vinte e dous acordou aprobar a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo policía local(acceso libre e concurso) cuxo texto definitivo consta nos documentos anexos deste anuncio.
O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), previa publicación das bases que rexerán a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER