Nace a Cullerciencia, que se celebrará o 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo

O Concello de Culleredo presentou esta mañá a Cullerciencia, que se celebrará o próximo 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo, de 11:00 a 20:00 horas. Esta idea emana do propio alumnado. Contará con varios espazos diferenciados. Haberá unha área de exposicións destinada ao alumnado, para que mostre as súas creacións científicas. E outro para as institucións. Programaranse charlas de ciencia, con personalidades do ámbito. Será o caso de Jorge Mira ou de Margarita Poza.
 
Está prevista a participación de 10 colexios e institutos de Culleredo e municipios da contorna. Tamén acudirán centros de Murcia, Sevilla e As Palmas, polo que xa terá un carácter nacional. E acudirán diversas entidades relacionadas coa ciencia, como o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), a Universidade da Coruña, a Cátedra Emalcsa, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como asociacións científicas.
 
Doutra banda, dispoñeranse diversos espazos, destinados ás exposicións dos proxectos dos estudantes, ás institucións que asistan ao mesmo, ás charlas, á zona  steam, á zona de radio, ao comedor e aos talleres. Tamén se dispoñerán baños públicos, fontes, un punto de información, unha área para protección civil e unha sala de lactación.
 
Á presentación do acto acudiron o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; a concelleira de Educación, Jéssica Méndez; o director do centro, Vicente Muñoz; a secretaria do mesmo, Eva García e Óscar Lamiño, coordinador do club de ciencia do CEIP Ría do Burgo.
 
 
O rexedor quixo destacar que “é unha honra para Culleredo acoller un evento destas características, xa que ademais de ter un carácter divulgativo, será tamén lúdico, e esa é a característica realmente importante: que as nenas e nenos poidan gozar aprendendo, e aprender gozando”, dixo Rioboo.
 
Doutra banda, a concelleira de Educación,  Jéssica Méndez, destacou “o gran traballo de toda a comunidade educativa para facer realidade un programa que vén para quedar”.
 
Así mesmo, quixeron mostrar os seus agradecementos tanto Vicente Muñoz como Óscar Lamiño, tanto “ao Concello como ás nenas e nenos, que están realmente ilusionadas e ilusionados”, destacaron, facendo fincapé en “o nivel que atesourará esta primeira cita, con personalidades da talla de Margarita Poza, Jorge Mira ou Sonia Villapol”.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina