O grupo Alejandro Vargas Trío actuará no Burgojazz 2022 durante a xornada do sábado

O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do  Burgojazz 2022, que para esta edición, e xa van vinte e unha, recuperará o seu formato tradicional, e celebrarase no Xardín Botánico do 1 ao 4 de xullo.

Alejandro Vargas ao piano; José Manuel Díaz ao contrabaixo e  L.A. R.  Legido á batería únense á participación de Voando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed Trío e Non Reply.

O  teclista, que dá nome á agrupación, graduouse na Universidade de Artes de Cuba e foi primeiro premio no concurso de mozos  jazzistas de Cuba JoJazz 2001. En 2008 alzouse co premio ao mellor disco de jazz no certame Cubadisco con “ Trapiche”. Foi premio especial no certame Cubadisco 2013 con “Miniaturas de Eugenio Granell, Música Revelada”.

En 2003 xa é oficial a súa agrupación musical denominándose Alejandro Vargas e Oriental  Quartet, integrándose ao catálogo de excelencia profesional da empresa Música popular, unha das máis recoñecidas do país. Desta maneira comeza as xiras internacionais viaxando a festivais de jazz. 

Sendo un dos mozos jazzistas cubanos máis recoñecidos no país, a estética que traballa no seu discurso  composicional nútrese da raíz popular a través do órgano oriental, levando esta expresión á escena do jazz cubano. 

Na actualidade, coa súa New Trío, seguen esta liña transpirando entre a vangarda musical contemporánea e o  folklorismo cubano, con José Manuel Díaz ao contrabaixo e  L.A. R. Legido á batería. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina