O Concello de Culleredo prepara un curso en liña para o comercio local no ámbito do comercio electrónico. Disporá de 30 prazas habilitadas e o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo electrónico con conexión a Internet.
Contidos:
- O comercio electrónico.
- A tenda electrónica.
- Marketing na rede.
- CRM. Estratexias e técnicas para a confección de campañas de marketing e publicidade en liña.
- Contorna xurídica.
A preinscrición poderá facerse efectiva do 11 ao 19 de abril, por rigorosa orde de inscrición a través do formulario que se facilitará na web do Concello de Culleredo. As listas do alumnado, así como o calendario e horario da actividade, poderán consultarse na páxina web do Concello de Culleredo ou chamando ao Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" no teléfono 981 66 42 04.
O día 22 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos. Do día 22 ao día 26 de abril estará aberto o prazo de presentación de alegacións, mediante escrito que se deberá presentar no enderezo formacion@culleredo.es. O día 29 de abril publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas, do calendario e do horario do curso, que se prevé, comece o día 9 de maio.
O Concello resérvase o dereito a cancelar a actividade que non acade un mínimo do 75% de participantes. O número de prazas, calendario e horario poderán sufrir modificacións en virtude da evolución dos protocolos establecidos pola COVID-19. As persoas participantes terán dereito a un diploma cando rematen a actividade con aproveitamento e estivesen conectadas como mínimo, o 75% das horas lectivas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER