Proceso selectivo técnico/a urbanismo (acceso libre)

Convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de urbanismo de administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, oposición libre

Convócase proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de urbanismo de administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

A Xunta de Goberno local nas súas sesións ordinarias celebradas os días sete e vinte e un de marzo de dous mil vinte e dous aprobou as bases da convocatoria do proceso selectivo “Técnico/a urbanismo (acceso libre)” cuxo texto definitivo consta nos documentos anexos deste anuncio.

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), previa publicación das bases que rexerán a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Prazo presentación solicitudes.  No BOE do venres 13 de maio de 2022 (núm. 114), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 14 de maio ata o 2 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no Boletín Oficial da Provincia (dende o 28 de xuño ao 11 de xullo de 2022) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión, se este é o caso.

(Documento adxunto: Lista provisional aspirantes admitidos e excluidos.pdf)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Publicado no BOP do 9 de agosto de 2022 a lista definitiva de admitidos e excluídos.

(Documento adxunto: Anuncio BOP lista definitiva aspirantes admitidos e excluídos.pdf)

Anuncio acta tribunal praza Técnico/a urbanismo

(Documento adxunto: Anuncio acta tribunal praza Técnico/a urbanismo.pdf)

Anuncio acta tribunal da sesion do 2 novembro. Puntuación final e prazo alegacións.

(Prazo alegacións: do 15 ao 17 novembro, inclusives)

(Documento adxunto: anuncio_acta_2_novembro.pdf)

Anuncio BOP resolución elevando a definitiva a proposta do Tribunal.

(Documento adxunto:anuncio_BOP.pdf)

 

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
convocatoria_e_bases_especificas_da_convocatoria.pdf468.69 KB
anexo_ii_-_solicitude_admision_proceso_selectivo.pdf173.1 KB
numeros_de_conta_para_ingreso_da_taxa_por_dereitos_de_exame.pdf201.92 KB
lista_provisional_aspirantes_admitidos_e_excluidos.pdf295.08 KB
anuncio_BOP_lista_definitiva_aspirantes_admitidos_e_excluidos.pdf1.15 MB
anuncio_acta_tribunal_praza_tecnicoa_urbanismo.pdf899.31 KB
anuncio_da_sesion_do_20_outubro.pdf418.17 KB
anuncio_sesion_do_tribunal_cualificador_de_2_novembro_tecnico_de_urbanismo.pdf281.22 KB
anuncio_bop_elevando_a_definitiva_a_proposta_do_tribunal.pdf110.32 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina