Culleredo lanza os seus campamentos urbanos de primavera baseados no coidado do medio ambiente

  • O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns no Burgo.


O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa.
 
Celebraranse no CEIP Vila de Rutis. Terán lugar desde o 11 ao 18 de abril, excepto os días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.
 
As actividades desenvolveranse en horario de 9.00 a 14.00 horas. Haberá posibilidade de servizo de comida e almorzo.
 
O programa de actividades estará guiado nesta ocasión pola temática do coidado do medio ambiente, baixo a denominación de "Crea e recrea". Incluirá actividades de educación ambiental e promoción de hábitos saudables, como talleres, xogos, e dinámicas no exterior.
 
O prazo de inscrición comprenderá desde este luns 28 de marzo ao venres 1 de abril no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Para proporcionar a máxima información ás familias participantes, haberá unha reunión informativa o 7 de abril ás 20.00 horas en Servizos Múltiples. Tamén se habilitará un blogue durante a actividade onde se colgará a programación diaria.

A concelleira de Educación, Jéssica Méndez, explica que desde o Concello retómanse estas iniciativas por ser “unha opción esencial para a conciliación” para as familias. Destaca que as actividades se enmarcan no apartado do lecer educativo.

Vista previaAdxuntoTamaño
ficha_comedor_campamento_primavera_2022.pdf46.97 KB
diptico_campamento_primavera_2022.pdf523.31 KB
cartel_campamento_primavera_2022.pdf543.31 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina