Culleredo mostra de novo o seu lado máis solidario e consegue 4.491 euros para ser destinados a axuda humanitaria para Ucraína

 
4.491 euros. Esa é a cifra que, tras o concerto-maratón solidario de onte, conseguiron recadar as oenegués organizadoras para destinar esta cantidade á axuda humanitaria ao pobo ucraíno.
 
Máis de 100 músicos déronse cita no Conservatorio de Música de Culleredo, onde se foi renovando o público e onde se  intercalaron as leccións mestras de artistas da talla de Barbara Switalska ou Marianna Prevalskaja con alumnas e alumnos do centro.
 
A cita arrincaba cun momento didáctico a cargo de Abraham Cupeiro, quen a través de varios instrumentos de vento, descubriu o lado máis amable da música, conseguindo arrincar algunha que outra gargallada entre o público.
 
Susana López e Marcos Seoane foron os encargados de conducir un acto que estivo marcado pola emotividade. Varias das familias que chegaron recentemente a Culleredo desde o país ucraíno presenciaron parte do recital. “Estas familias  xa son desde  hoxe  tamén un  pouco a  nosa. É difícil conter a emoción ante  unha situación como esta, e a música de  hoxe será a demostración de que a paz é o único camiño”,  dicía Susana, do departamento de Servizos Sociais do  Concello.
 
Os membros da Coral de  Maiores do Concello de Culleredo tampouco faltaron á cita, prestando as súas voces para unha boa causa. O público sobrecolleuse co testemuño de  Grigori  Nedobora, violinista ucraíno, quen relatou as súas vivencias en primeira persoa e executou unha peza ad hoc, con título “Emigrantes celtas”.
 
Desde o Concello de Culleredo queren agradecer unha vez máis que “Culleredo fose exemplo ante a adversidade e que hoxe sexamos un exemplo de solidariedade en toda Galicia”, destacando a implicación de “tódalas persoas que participaron, alumnado, músicos e músicas, voluntarios, oenegués e departamento de Servizos Sociais”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina