Comunicado do Concello de Culleredo sobre o proxecto de humanización de Vilaboa

O goberno local de Culleredo, ante a concentración convocada por varios comerciantes de Vilaboa e ante as manifestacións sobre o proxecto que están a realizar algunhas agrupacións políticas de forma velada, desexa comunicar o seguinte:

  1. O Concello descoñece o transfondo que ten a convocatoria da protesta por parte dos devanditos comerciantes cando se deu resposta durante todo o proceso a todas as súas demandas. O pasado sábado remitíuselles un escrito confirmando que se atenden as súas dúas principais cuestións: o aparcamento e o acondicionamento dos soportais.
  2. En canto ao aparcamento, o Concello informou no devandito escrito que xa ten a dispoñibilidade de dúas parcelas na rúa Domingo Sierra para facer un aparcamento provisional con 90 prazas, compensando así a perda de estacionamentos durante as obras e aumentando así os espazos unha vez que se rematen os traballos. Así mesmo, o  Concello ten prevista a adaptación dunha parcela de Audasa na rúa Xafonte se é preciso aínda dispoñer de máis prazas provisionais. En canto aos soportais, o Concello confirmou aos comerciantes que serán acondicionados durante as obras.
  3. Unha vez que o Concello de Culleredo atendeu as demandas manifestadas por este grupo de comerciantes resulta de difícil comprensión que se procedera a convocar unha concentración por parte destes particulares. Cando unha administración emprende un proxecto de calado ocorre con frecuencia que os afectados fagan as súas reivindicacións co fin de que sexan atendidas. Recibindo a confirmación por escrito de que así será, todo indica que os motivos de realizar esta protesta son realmente outros.
  4. A rexeneración da avenida de Vilaboa supoñerá un impulso socioeconómico para o desenvolvemento do núcleo en particular e o municipio en xeral sen parangón. Permitirá a transformación dunha estrada lineal ao redor da cal se construíron edificios, un clásico desenvolvemento en España a partir dos anos 60, nunha avenida urbana con servizos, seguridade viaria, e estética. Isto abrirá oportunidades para o establecemento empresarial e comercial, ademais de mellorar de forma notable as súas condicións para vivir, como se puido ver en moitas zonas da cidade e a comarca onde se realizaron humanizacións nesta liña.
  5. En resumo, o Concello vai emprender un proxecto atendendo as demandas dos comerciantes, integrado na Estratexia de Desenvolvemento Urbano aprobada pola UE e coa seguridade de que vai lograr unha revolución urbana absoluta en Vilaboa, un dos núcleos da área metropolitana que máis o necesitan e que máis o demandan historicamente. Tras a actuación Vilaboa contará con glorietas, novo pavimento en beirarrúas e calzada, semáforos LED, espazos urbanos accesibles, árbores, mobiliario, estacionamentos ordenados, aparcamento disuasorio, ou nova iluminación. Un cambio total.

O goberno local lamenta que persoas con intereses diferentes aos xenerais estean a dedicarse a intoxicar en Vilaboa e a terxiversar a realidade do proxecto. Non hai máis que ler as declaracións vergoñentas de agrupacións políticas do municipio que buscan xerar alarma entre a poboación para gañar notoriedade para as súas pretensións electorais.

A gran maioría de veciños de Vilaboa esperan con entusiasmo a realización dun proxecto imprescindible e que supoñerá un antes e un despois para Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina