Culleredo reivindicará o papel da Muller cunha simbólica plantación de flores lilás no Botánico

Baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe, para un mañá sostible” elixido polas Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional da Muller 2022, o Concello de Culleredo realizará un acto simbólico que ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre a problemática da desigualdade de xénero, dándolle visibilidade, poñendo en valor o papel da muller aínda discriminada en moitos eidos, e reivindicar un cambio de actitudes colectivas e individuais necesarias para acadar a igualdade real e xusta.

Este acto terá lugar mañá, martes 8 de marzo, ás 12:00 horas da mañá, no Xardín Botánico. Consistirá na plantación de flores lilás pola igualdade, e flores brancas pola paz, facendo unha figura que represente o "Oito de marzo", da man dos distintos colectivos da nosa comunidade.

Cada participante  lerá unha palabra  arredor da  igualdade de xénero, e plantará un elemento que simbolizará a semente do seu significado para que as xeracións que veñan teñan a oportunidade de vivir realmente en igualdade, con todos os dereitos e liberdades que cómpre unha sociedade sostible, xusta e igualitaria.

Deste xeito, o Concello quere render homenaxe e visibilizar a todas as mulleres e nenas que están facendo fronte ás adaptacións do cambio climático, que están liderando proxectos , que están axudando a construír e reconstruír países, que loitan pola sua liberdade , acollen e coidan ás vítimas de conflitos bélicos,  e contribúen en definitiva a  un mundo máis sostible.

A plantación das flores brancas simbolizarán o chamado pola PAZ nestes días tan convulsos para Europa sen esquecer ás mulleres que viven noutros tantos conflitos do mundo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina