Culleredo súmase ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral

O Concello de Culleredo sumouse hoxe ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral. O alcalde, José Ramón Rioboo, asistiu ao acto en María Pita e non quixo deixar pasar a oportunidade de “poñer en valor a loita diaria tanto das persoas que sofren esta doenza como de todos os familiares”, subliñou, á vez que destacou a “sorte” que ten Culleredo ao poder contar cun centro de ADACECO na Corveira, “onde se realizar un traballo excepcional”.

Ao acto asistiron tamén Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO; María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña; Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia; Marta Martínez,  concelleira de Asuntos Sociais en Oleiros; Inés Ramos, concelleira de Asuntos Sociais en Arteixo e Yoya Neira, concelleira de Benestar Social na Coruña.

A Torre de Celas iluminarase esta tarde de azul, xunto con outros monumentos da área metropolitana, para visibilizar unha loita nesta xornada que reivindica “o acceso a unha rehabilitación especializada a todas as persoas que sofren dano cerebral, independentemente da súa localidade de residencia, idade ou capacidade económica", promoven desde ADACECO.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina