Sesión ordinaria do Pleno da corporación con data 28 de outubro de 2021

O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 28 de outubro, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que se poderá seguir na canle oficial de YouTube da Administración local. A sesión terá a seguinte orde do día:

  • Proposta sobre nomeamento de xuíz de paz substituto do Concello de Culleredo
  • Proposta sobre solicitude de subvención nominativa á excma. Deputación da Coruña para a “mellora da seguridade viaria e renovación de pavimentos na rúa Andrés Pan Vieiro”
  • Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre solicitude de modificación puntual do PXOU do 87 e que se dote no orzamento unha partida suficiente para acometer a obra de creación da circunvalación á Laxe.
  • Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas
  • Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 27 de setembro de 2021 sobre aprobación provisional de dotacións para centro docente en A Ribeira –Sésamo, e a súa remisión ao órgano competente en materia de urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda)
  • Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 4 de outubro de 2021 relativo a aprobación da modificación das bases da convocatoria do proceso selectivo “Traballador/a social (acceso libre)”, aprobadas na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do día 26 de xullo de 2021
  • Dación de conta de resolución ordeando a incorporación ao rexistro municipal de subvencións correspondentes ao terceiro trimestre do 2021
  • Dación de conta de informes de reparo de Intervención
  • Dación de conta de cesión de terreos para viarios públicos
  • Mocións urxentes
  • Rogos e preguntas

 

Ligazón: https://bit.ly/3vIUM0d

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina