Concello e Protección Civil promoven unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma

Queres aportar o teu graíño de area? Desde a Culleredo Protección Civil e o Concello de Culleredo estamos promovendo unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polo desastre natural da erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma.

Para iso, habilitaremos do 1 ao 10 de outubro catro puntos de recollida, a onde poderedes achegar material tanto para as veciñas e veciños que sofriron as consecuencias desta catástrofe como dos e das profesionais que están a axudar para minimizar os danos materiais na illa.

- Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
- Centro Municipal de Formación Pablo Picasso
- Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
- Concello de Culleredo

Poderedes facelo de 10 a 14 horas polas mañás en todos os espazos e de 17 a 20 horas polas tardes no Conservatorio e no Edificio de Servizos Múltiples.

Que poderedes aportar? Pois desde produtos de aseo como cueiros, xel de baño, toallas, cepillos e pasta de dentes, mantas, sabas, cascos (aínda que sexan de obra), lanternas, chalecos protectores, camisetas, botas…

Para máis información, poñédevos en contacto con nós a través de mensaxe privada ou no teléfono 620 008 450.


Grazas pola vosa solidariedade! 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina