A comunidade educativa maniféstase novamente contra os recortes de Educación en materia de atención especial

A comunidade educativa manifestouse novamente esta mañá contra os recortes de Educación en materia de atención especial. Ás 9:10 horas tivo lugar unha concentración ás portas do CEIP Ría do Burgo, onde simbolicamente se prenderon globos de cores.

Jéssica Méndez, concelleira de Educación; Penélope López, concelleira de Cultura e Miguel Suárez, edil de Deportes, acudiron para mostrar o apoio do Concello de Culleredo ás demandas de pais, nais e persoas que integran as ANPA’ s ante un problema que é considerado “de gran índole” e que supón “cercenar dereitos fundamentais das nenas e nenos de Culleredo”, aluden.

Máis de 80 persoas déronse cita ás portas deste centro educativo, onde volven instar ao xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, á inspectora da zona, Isabel García Vila e ao responsable da oficina de Inspección, Rubén Ponte, a escoitar as súas demandas “de maneira xeral” e tamén “individualizada” #ante as carencias detectadas desde o inicio do curso en materia de ensino especial.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina