O Concello continúa impulsando medidas para apoiar o comercio local de Culleredo

O goberno local do Concello de Culleredo continúa impulsando medidas e accións para apoiar o comercio local nunha das etapas máis duras da súa historia recente. É por iso que nace unha nova campaña, Quero Culleredo, que dará comezo o próximo 6 de setembro e estenderase ata o 17 de outubro.

Está dirixida aos consumidores e consumidoras dos comercios de Culleredo que se adhiran á devandita campaña e será válida para os maiores de 18 anos. Para iso, as persoas que fagan unha compra superior aos 10 euros nos establecementos adheridos a Quero Culleredo poderán enviar unha imaxe do ticket de compra ao número de  Whatsapp 680 36 15 06 e na fotografía deberá verse con claridade o nome do establecemento, data e importe.

Cada mensaxe enviada correctamente supoñerá unha participación. Pódense enviar todos os tickets distintos que se queira pero tan só pódese gañar un premio por persoa.

Os premios para sortear serán unha tarxeta regalo de 150 euros, 2 tarxetas regalo de 100 euros e 33 tarxetas de 50 euros.

Aos gañadores enviaráselles un Whatsapp notificándolles o seu premio e solicitándolles os seus datos persoais para formalizar a recollida, que se poderá facer efectiva no Edificio Municipal Pablo Picasso, no departamento de Promoción Económica. En caso de non pasar a recollelo no prazo de 10 días, avisarase ao gañador suplente.

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_legais_da_promocion_quero_culleredo.pdf69.88 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina