O Concello de Culleredo insístelle aos propietarios das fincas privadas na urxencia da realización da limpeza

O Concello de Culleredo insiste na necesidade de que os propietarios das leiras privadas teñen o deber de realizar as limpezas correspondentes aínda a pesar de que non recibisen notificación da Administración local.

En 2020 abríronse 96 expedientes, dos que se resolveron 40 e en 2021 están a tramitarse 55. Dado ao estado de moitas delas, insístese na colaboración cidadá “por salubridade e imaxe” no municipio, e avánzase que o seguinte paso será “sancionar en quince días aos que non executasen a orde”, engaden desde o goberno local.

Os servizos técnicos municipais seguen tramitando as denuncias que realizan os particulares por rexistro. Nalgúns casos os prazos demóranse ao non aparecer os donos, sendo necesario publicar os avisos nos boletíns oficiais. Un dos casos máis complexos sucede cando é preciso localizar aos herdeiros.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, fai un chamamento á responsabilidade para atender os requirimentos “en tempo e forma” minimizando así ademais o risco de incendios.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina