A Policía Local intervén en tres conatos de botellón na madrugada do sábado

A Policía Local de Culleredo, tras a activación dun novo dispositivo de seguridade para reforzar a vixilancia tanto na contorna rural como no urbano para evitar reunións entre grupos de mozos que incumpran as restricións marcadas por Sanidade, interviu na madrugada do sábado ata en tres conatos de botellón.

Os axentes acudiron tras o aviso de varios veciños, que alertaron da situación en O Carrizo (A Zapateira), na praza Jorge Guillén (Fonteculler) e na  rúa Templarios (O Burgo). Neste último caso, a Policía Local acudiu xunto á Garda Civil para disolver a reunión, que tiña lugar na ponte de madeira.

En canto ás dúas primeiras intervencións, os avisos producíronse polas molestias que xeraba a música dos mozos. O principal obxectivo da nova cobertura, e ante o incremento na detección a nivel Galicia de casos de positivos por COVID-19 nos menores de 30 anos, é precisamente evitar situacións que poidan ser de risco para as veciñas e veciños de Culleredo.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Figueroa, incidiu no importante que é “o respecto individual para poder volver canto antes á normalidade”, e incide en que “se seguirán tomando medidas deste tipo mentres observemos comportamentos que atenten contra a saúde pública”, finalizou.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina