Culleredo dará a benvida mañá a un Mercado Templario que será visitable ata o vindeiro domingo

O Mercado Templario de Burgo de Faro arrincará mañá, un evento que será  visitable ata o vindeiro domingo e no que se darán cita ata 90 postos. O Concello de Culleredo retoma a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio, tras a suspensión do ano pasado polos efectos da pandemia.

Será, pois, do 1 ao 4 de xullo no paseo marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da época medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.

A apertura será mañá ás 18:00 horas, e ás 19:00 horas celebrarase un percorrido musical con Os  Brinqueiros. A continuación, o espectáculo Pancho, el soldado perdido para dar paso novamente ás 21:00 horas a Os BrinqueirosZurco, el jorobado y su carro daranse cita ás 22:00 horas e pecharán a xornada novamente Os Brinqueiros.

O contexto sanitario marcará as medidas de seguridade e restricións a aplicar, que serán estritas. Seguirase o protocolo que marca a Consellería de Sanidade, e que xa se está aplicando en eventos da mesma índole como o Feirón.

Como é habitual, o Mercado Templario albergará multitude de opcións. Poderase gozar de música en directo e moita animación. As rúas de Culleredo tamén recibirán os pasacalles con personaxes do Medievo.

O concelleiro de  Desenvolvemento Económico, Juan Carlos Lovelle, destaca que o Mercado Templario supón un “apoio” ao desenvolvemento económico do municipio polo seu “efecto dinamizador”. Avanza que nos días previos ao evento informarase coas medidas concretas que  Sanidade manexe entón e contarase cun dispositivo de seguridade para favorecer que leve a cabo con normalidade.

https://youtu.be/EQdUGFi3Zyo

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina