Culleredo celebrará o Burgojazz o 2 e 3 de xullo no Xardín Botánico

O  Concello de Culleredo celebrará este ano unha nova edición do  Burgojazz, que terá lugar durante os días 2 e 3 de xullo no Xardín Botánico. Daranse cita os grupos  Mr.  Cool &  Ton Risco,  Dixie  Kings  Feat  Paty Lesta, O  Intre e Habana Soul. 
 
Mr.  Cool &  Ton Risco xúntanse despois de compartir escenario en múltiples ocasións, esta vez a dúo, cantando cancións que abarcan desde boleros a xéneros como o swing, a  bossanova ou o  calipso. 
 
O elegante repertorio de O Intre transportaranos, a través de músicas populares de Brasil, Francia e países de Latinoamérica, ao principio do século pasado. Desde os tangos e boleros chegando ata o  musette francés, engadindo temas de creación propia cun toque nostálxico. 
 
Havana Soul está formada por músicos  galegos e cubanos residentes en Galicia desde fai máis de vinte anos. Con este proxecto, queren render homenaxe a unha época e a unha maneira de entender e concibir o música pero cunha perspectiva do noso tempo. O espectáculo fusiona a música cubana co jazz, o soul e a música  galega. 
 
O sexteto  DixieKings nace coa finalidade de introducir o público no Jazz máis tradicional, o  Dixie que rememoran as bandas rueiras dos anos 10-20 cos seus inconfundibles desfiles. Entre o seu repertorio atópanse clásicos como Oh When The Saints go marchin in y Down By the Riverside entre outros. 
 
A reserva de asentos poderase facer efectiva a semana dos concertos no teléfono habilitado 981 665 597. As entradas serán completamente  gratuítas pero, seguindo as recomendacións sanitarias, a capacidade será limitada. 
 
Os concertos comezarán ás 20:30 horas tanto o venres como o sábado, e desde a área de Cultura avanzan que “a decisión foi recuperar un evento xa asentado no noso municipio, no que se dan cita grandes figuras do panorama do jazz. A organización contará con estritos protocolos de seguridade e hixiene e esperemos que a celebración do  Burgojazz sexa un primeiro paso para seguir dando un impulso á cultura tanto ao aire libre como en recintos pechados, sempre analizando o contexto vixente”, aseguran. 
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina