Clausura do programa 'Perros y letras. READ España'

O Concello de Culleredo clausurou hoxe no CEIP Vila de  Rutis o programa “Perros y letras. READ España” de apoio a escolares con algún tipo de déficit na dicción, comprensión lectora e problemas de autoestima, no que participaron máis dunha vintena de escolares de febreiro a maio e de maneira telemática. Fíxoselles entrega ao alumnado dun diploma e un  marcapáginas coas fotos das peludiñas.

Esta experiencia piloto desenvolveuse nos centros escolares de Culleredo CEIP Tarrío e CEIP Vila de  Rutis, a través do cal se traballou con  Nora, unha  Golden de oito anos que axuda aos nenos e nenas nos cales se identificaron algún tipo de problema a nivel académico, e tamén con Dana, unha  bóxer de cinco anos.

Nun contexto normal, as sesións tiñan unha duración de vinte minutos, e unha vez á semana e de maneira presencial. Os cans de sentan á beira do menor, para escoitar e reaccionar aos seus estímulos. Os pequenos len un libro e interactúan co animal. Isto repercute positivamente na súa motivación e na promoción das súas habilidades lectoras e de comprensión, ademais do aumento na relación social cos seus iguais.

Elixíronse cans de terapia porque son moi tranquilos e son capaces de estar todo o tempo deitados e pendentes da actividade dos nenos. Todos os cans deste programa pasan un exame cada dous anos para valorar que teñen unha tolerancia alta á tensión e así seguir traballando. Tamén se valora o vínculo que lle une ao seu guía, neste caso Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña, á que acompañaba nesta ocasión Bárbara Bonachía.

Cada un dos nenos que participan teñen dificultades en distintos aspectos. Normalmente son seleccionados polo departamento de orientación, pero poden ser nenos con dificultades a nivel social, lectora e depende do que o departamento correspondente emita. Dan unhas pautas para traballar con eles e no futuro tamén se tratarán os problemas do  TDAH e do autismo.

“Os nenos melloran sobre todo en lecto-escritura, a nivel de comprensión lectora, aumento de vocabulario, rapidez de lectura e sobre todo o que notamos é un aumento do autoestima. Son nenos que están a perder a seguridade en si mesmos ben porque teñen algunha dificultade que outros non teñen. Isto supón un empuxón, xa que non hai risas, non hai xuízos e todo é en positivo. Reláxanse e empezan a ler cunha maior fluidez”, comenta Laura.

“Foi un pouco diferente esta etapa porque durante o confinamento seguimos desenvolvendo o programa, pero a través dunha pantalla, a distancia”, comenta González, quen apunta que “estamos moi felices de que as nenas e nenos poidan despedir o curso coas cadelas aquí, de maneira presencial”.

A concelleira de Educación,  Jéssica Méndez, apuntou que “quixemos contar con este programa en Culleredo porque funcionou moi ben noutros municipios e en máis de 500 centros de todo o Mundo. É unha maneira moi bonita de traballar con nenos que o necesitan e neste caso seguiremos fomentando que este tipo de iniciativas se leven a cabo no noso municipio”, comentaba a edila.

Pola súa banda, Beatriz López, orientadora do centro, sinalaba que “participamos neste programa de lectura asistida con cans desde febreiro ata maio, con 12 nenas e nenos de 3º a 6º de primaria, unha actividade que resultou tremendamente gratificante para os e as pequenos e pequenas”, argumentou. “Aos nenos e nenas deulles unha alegría inmensa velos en persoa, xa que dadas as circunstancias non puidera ser posible”.

Bótalle unha ollada ao que supuxo esta clausura no seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=1h-OD8OrJI4

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina