O Concello de Culleredo licita o aluguer do alumeado de Nadal que prenderá en novembro

O Concello de Culleredo xa pensa na iluminación de Nadal e licitou o alugueiro de elementos decorativos para a festividade deste ano, que se acenderá en novembro. Contará con máis de 200 elementos ornamentais e o importe ascende a 59.905 euros. O prazo de presentación de ofertas termina o día 18 de xuño.

A distancia mínima de calquera elemento de iluminación sobre a calzada non será inferior a 4 metros, e de 3 metros en prazas ou xardíns sen tráfico rodado. Estará en funcionamento desde novembro ata o 6 de xaneiro de 2022. Esta data poderá sufrir variacións en función das recomendacións do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía) e do contexto sanitario.

Entre os elementos, destácanse dúas unidades de iluminación nas rotondas de Fonteculler e O Burgo; 4 arcos de ‘Boas Festas’ en Vilaboa, Fonteculler, O Burgo e O Portádego; 38 arcos nas parroquias; decoración cun elemento tridimensional na praza de Vilaboa; 6 árbores decorativas na praza Daniel R. Castelao; 9 árbores na avenida Fonteculler e a ornamentación na praza Europa cun elemento tridimensional e catro renos, tamén tridimensionais.

O alcalde, José Ramón Rioboo, incide na “importancia” que ten no calendario local para as veciñas e veciños de Culleredo, tanto pequenos como maiores “esta celebración”, a cal decidimos “non decorar” o pasado ano para evitar “aglomeracións” pero que en 2021 contará con elementos de ornamentación “nunca vistos no noso concello”, aludindo tamén a que “o noso maior desexo é animar as festas e dinamizar o comercio local”, apunta. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina