Culleredo presenta de maneira oficial a celebración do Campionato de España de Balonmán infantil masculino

O Concello de Culleredo acollerá esta fin de semana no pavillón municipal de Tarrío o Campionato de España de Balonmán da categoría infantil masculina. Disputarase durante o venres, sábado e domingo.

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do evento, á que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; o edil de Deportes, Miguel Suárez; o presidente do  Balonmán Culleredo, Anxo Canedo; o director técnico do club, Fernando Vázquez; Roberto García, xefe de servizo de Deporte Galego e Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán.

O 11 de xuño, venres, comezará a cita ás 18:00 horas co Finetwork Gijón-ABANCA Ademar León Maristas e, a continuación, ás 20:00 horas, disputarase o BM Culleredo Sutenor contra o BM Sanse.

Ao día seguinte, sábado 12 de xuño, o BM Culleredo Sutenor e o ABANCA Ademar León Maristas xogarán ás 17:30 horas, mentres que o Finetwork Gijón e o BM  Sanse atoparanse ás 19:30 horas.

Durante a última xornada tamén se disputarán dous partidos: o BM  Sanse contra o ABANCA Ademar León Maristas ás11:00 horas e o BM Culleredo Sutenor contra o Finetwork Gijón, que pechará o campionato ás 13:00 horas.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, quixo “felicitar ao Club Balonmán Culleredo, pola súa traxectoria e especialmente por todo o conseguido durante este ano tan complexo, á Federación  Galega de Balonmán polos protocolos establecidos”. O rexedor engadiu tamén que “o deporte é saúde, e coa seguridade coa que se organizou, quero recalcar tamén o esforzo de Deporte Galego e da Deputación da Coruña”, e salientou a “alegría e a honra” que supón acoller en Culleredo un evento deportivo como este, e esperamos estar na final, aínda que o gran éxito xa está marcado pola capacidade e o esforzo organizativo”, finalizou.

Pola súa banda,  Anxo Canedo, presidente do Balonmán Culleredo, destacou que “é a primeira vez que organizamos un evento destas características, e para o balonmán en Culleredo é moi positivo”. Destacou que “mañá empeza o evento ás 18:00 horas da tarde”. “Desde o club expomos que todos os deportistas compartisen residencia, polo que supón despois desta época tan dura, e cremos que esta fin de semana vai ser moi positivo tanto no persoal como no deportivo para os xogadores”.

Bruno López, presidente da Federación Galega, resaltou o “agradecemento ao Concello de Culleredo, onde nos sentimos moi a gusto, e tamén á Secretaría Xeral, que despois do ano complicado que vivimos, estamos aquí polos protocolos deseñados”. Tamén quixo referirse “ao club, os nosos parabéns polos esforzos desenvolvidos durante todo o ano, e este é un logro máis de todos os acumulados esta campaña”, resaltando que “meteron ao equipo cadete masculino no sector nacional, e veñen de disputar unha fase de ascenso a primeira nacional masculina co primeiro equipo. A nivel autonómico é impresionante o que está a facer o Balonmán Culleredo”, incidiu.

Roberto García, xefe de servizo de Deporte Galego, quixo dar as “grazas ao club, ao Concello de Culleredo e á Federación Galega de Balonmán pola incomensurable tarefa e encomiable esforzo de organización”, e expresou o seu desexo de “que oxalá se desenvolva o mellor posible e que sobre todo os xogadores o pasen en grande e gocen ao máximo da experiencia”.

Pola súa banda, Fernando Vázquez, director técnico do Balonmán Culleredo, declarou que “os mellores recordos que teño son da miña etapa de formación, e por iso sei o importante que é para os nenos e nenas participar no Campionato de España, e neste caso a convivencia que van levar a cabo a xente de León, Xixón, de Madrid e de Culleredo paréceme en grao sumo positivo”, destacou.

Por último, Miguel Suárez, edil de Deportes, dixo que “a cita ten unha transcendencia especial, porque os deportistas e a familia transmítennos moita ilusión por esta fase final; está a calar en todo o tecido social de Culleredo e grazas ademais ao  streaming imos chegar a moita xente”, finalizou.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina