O Concello retomará este verán os campamentos de conciliación logo do parón da temporada pasada pola pandemia

O  Concello de Culleredo retomará este verán os campamentos de conciliación tras o parón da tempada pasada por mor da pandemia. Nesta ocasión, coa regulación e limitacións especificadas por Sanidade, será posible ofrecer unha actividade moi demandada desde hai máis de 20 anos polas familias do municipio.
 
Serán, como é habitual, campamentos urbanos en horario de 9:00 a 14:00 horas, dirixidos para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade. Contarán coa opción de servizo de almorzo, de 7:30 a 9:00 horas, e de servizo de comida, de 14:00 a 16:00 horas. Desenvolveranse en CEIPs e polideportivos do municipio.
 
“O obxectivo é ofrecer unha alternativa de lecer educativo durante o verán”, resume a concelleira de Educación, Jéssica Méndez. E é que as actividades buscarán sempre a vertente educativa, abordando temáticas de máximo interese como o medio ambiente, a igualdade e, en xeral, os valores.
 
As restricións pola covid-19 xa están contempladas e a cociente de monitores por participantes
cumprirase estritamente. Ante calquera cambio, procederase a variar as condicións analizando o contexto vixente. Para os maiores de 12 anos, o Concello tamén planifica algunha actividade para a
tempada estival. Desde a área de Xuventude prepara obradoiros enfocados ao ámbito do deporte para o mes de xullo. Ampliarase a información nos próximos días.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina