O Concello de Culleredo recoñécelle a súa labor a DISMACOR cando se cumplen 20 anos da súa fundación

O Concello de Culleredo recoñeceulle esta mañá o seu labor a DISMACOR polos seus vinte anos de traxectoria. O alcalde, José Ramón Rioboo, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, fixéronlle entrega ao seu presidente, Manolo García, dunha Torre de Celas a escala cando se cumpren dúas décadas do nacemento desta Asociación de Pais de Nenos e Persoas con  Discapacidade das Mariñas Coruñesas.

Esta entidade, sen ánimo de lucro, nace para traballar na área da diversidade funcional ofrecendo unha atención integral tanto ás persoas afectadas por esta doenza como ás súas familias, mediante a oferta de varias modalidades de intervención.

Ofrecen atención psicolóxica e logopédica a domicilio, servizo de avaliación e diagnóstico, talleres grupais inclusivos de tempo libre e intervencións grupais nos contextos de lecer mediante a creación de actividades de tempo libre.

A súa función determínana as necesidades de cada persoa e familia, baseándose sempre en alcanzar a máxima calidade de vida posible para conseguir que as persoas con diversidade funcional poidan formar parte do seu grupo social como axentes de pleno dereito.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina