Culleredo implica ás asociacións na elaboración do seu Plan de Mobilidade

O Concello de Culleredo atópase en pleno proceso de elaboración do seu Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS).

Trátase dunha das accións incluídas dentro do programa Culleredo Vivo, cofinanciado pola Unión Europea a través do FEDER, coa finalidade de trazar medidas que melloren e modernicen a mobilidade da cidadanía dando resposta ás súas necesidades e baixo o prisma da sustentabilidade.

Para realizar o Plan, o goberno local quere implicar ás asociacións do municipio, como axentes esenciais para canalizar as ideas da cidadanía. Esta semana tivo lugar o primeiro foro, coa asistencia de representantes dunhas 30 entidades de diferentes ámbitos e parroquias.

O encontro desenvolveuse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Dado o elevado número de asistentes, realizouse en dúas quendas, garantindo as medidas de seguridade. Na reunión tamén participaron os técnicos redactores do Plan, ademais de responsables municipais.

O PMUS englobará accións a adoptar en canto á mellora do transporte público, do aparcamento, as medidas nos espazos públicos para garantir a accesibilidade ou os itinerarios ciclistas, o incremento da seguridade viaria e a supresión de barreiras arquitectónicas.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina