Resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas

O Concello de Culleredo anuncia a resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas co fin de paliar as consecuencias económicas da pandemia no ano 2020.

Os/as beneficiarios/as teñen como sinalan as bases, entre outras obrigas, a de dar publicidade nos termos establecidos na resolución de concesión, ao carácter público do financiamento da actividade realizada, figurando expresamente nun lugar visible do centro de traballo, logotipo do Concello, da Deputación e mención expresa ao Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente da páxina web da empresa, de existir esta. (Facilítase modelo de cartel).

Comezarase agora o proceso de valoración da documentación xustificativa achegada polos solicitantes.

Para calqueira dúbida ou aclaración: Centro de Formación Municipal Pablo Picasso 981 66 42 04 ou no enderezo electrónico promocioneconomica@culleredo.es"

Vista previaAdxuntoTamaño
anuncio_de_resolucion_definitiva_de_axudas_pel_reactiva_concello_de_culleredo.pdf1.21 MB
cartel_pel_reactiva_concello_culleredo.pdf275.07 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina