¡ 1986 – 2007 XXI ANOS DE ESCOLAS MUNICIPAIS!

O luns día 8 de outubro darán comezo as actividades programadas nas escolas culturais e deportivas do Concello de Culleredo nas que participan mais de 1000 persoas entre adultos e nenos de Culleredo e Comarca, tendo prioridade os empadroados en Culleredo.

Serán oito meses de actividade reglada, de outubro a finais de maio que se desenvolverán en distintas sedes i en distintas parroquias.

O prazo estará aberto dende o luns 24 de setembro nas oficinas muncipais de Vilaboa e no Edificio Municipal de Servicios Múltiples de O Burgo, ata o venres 5 de outubro.

A Corporación Municipal de Culleredo, sendo alcalde Julio Sacristán e concelleiro de cultura e deportes Celestino Poza, deciden en 1986 crear as Escolas Municipais de Cultura e Deportes como complementos básico para a educación dos nosos fillos e elemento clave de formación e ocio dos adultos.

Moitas son xa as xeracións de culleredenses, en número de 20.000 alumnos os que se teñen formado nesta institución municipal, destacando en moitos campos da cultura e o deporte tanto local como galego.

As Escolas Municipais de Cultura son un orgullo tanto para a Corporación Municipal como para os propios cullerdenses, que os destacan sempre como un ben cidadán e un dos grandes logros da política local.

Cumprimos por tanto vinte anos de funcionamento do que xa é unha institución e instrumento fundamental de ocio, Cultura e Deporte en Culleredo, que nos diferencia fundamentalmente con outros concellos, que non fan este importante esforzo organizativo e económico.

Ademais doutras sorpresas durante o ano, para celebrar este cumpreanos, aumentamos nun mes o curso, de outubro a maio, nunha oferta renovada, ampla, variada, descentralizada a un custo económico que o pon ó alcance de todo-los cidadáns sen distinción de idade ou condición.


Un total de 20 especialidades culturais e 7 deportivas con diferentes niveis constitúen a oferta do curso 2006/2007 das escolas deportivas e culturais que se imparten en diferentes parroquias do concello e que darán comezo o vindeiro día 2 de outubro.

Como ven sendo habitual as inscricións poden realizarse na Oficina Municipal de Servicios Múltiples e na Oficina Municipal de Vilaboa. O custo total de cada actividade para todo o curso será de 47,95 € para menores de 18 anos, para os maiores desta idade, 51,60 € e pagadoiras nun só prazo, coa inscrición. Para varios irmáns ou da familia, ou máis dunha actividade matriculada o prezo será de 40,45 € por actividade e persoa.

As Escolas Municipais cumpren este curso 20 anos de vida da súa fundación converténdose nunha auténtica institución en Culleredo e teñen a función de ser escola de base para a aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas e deportivas., sendo complemento imprescindible na educación dos nosos fillos e elemento importante para a formación e o ocio dos adultos, que cada ano con maior número utilizan estas escolas, que o concello de Culleredo pon a disposición de todos os cidadáns.

Unha ampla e variada oferta que este ano está acompañada con máis e mellores equipamentos tanto culturais como deportivos, así dentro do programa das Escolas Culturais os alumnos contarán este ano con máis e mellores medios e cun programa no que se consolidan actividades de grande demanda polos veciños e veciñas como o Ioga, xunto con outras como a informática ou o óleo.

Así mesmo continuarán os obradoiros de Cullerxogo e Ecociencia que se imparten na Aula da Natureza do xardín Botánico e nos que se pretende fomentar nos nenos o traballo individual e colectivo e o achegamento á ciencia e a ecoloxía a través do xogo.

As escolas Culturais e deportivas nacen con vocación de ser escola de base nas actividades que ofrecemos, un espacio para o aprendizaxe da actividade cultural ou deportiva a un custo moi axustado durante nove meses, que permite que ningún cullerdense quede, por cuestión horarias, de desprazamento ou monetaria, sen practicar algunha actividade cultural ou física.

O programa deste ano engloba un total de 20 especialidades Culturais que son: Tapiz, Cerámica, Debuxo, Pintura, Óleo, Ballet Danza, ballet Clásico, Inglés, Informática, Cullerxogo, Ecociencia, Baile Galego, Gaita Galega, Manualidades, Confección Industrial, Ioga, baile de salón, fotografía e Guitarra. Estas actividades ofertanse tanto para adultos como para nenos establecéndose distintos niveis e distintas sedes para a súa impartición que son: Os Colexios Públicos de Ría do Burgo no Burgo e Daniel Rdgz Castelao na Choeira, o Edif.Serv.Múltiples, Oficinas Municipais de Vilaboa, Xardín Botánico, Centro Cultural de Almeiras e Centro Cultural de Celas.

En canto ás Escolas Deportivas impártense un total de 4 especialidades dirixidas ós escolares como Fútbol sala, Patinaxe artístico, Ximnasia Rítmica e kárate que se imparten nos polideportivo de Vilaboa, O Burgo e no colexio "Ría do Burgo" e 3 actividades para adultos como son Ximnasia de Mantemento e Taekwondo nos Polideportivos de Tarrio, Vilaboa e O Burgo. A oferta deportiva se complementa con outras actividades como a natación, o baloncesto, tenis ou Hípica.

Para máis información consultar o Taboleiro Oficial Municipal na páxina Web

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina