O Concello recibe o Plan Xeral completo tras o traballo do equipo redactor

O Concello de Culleredo da un importante paso no proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O equipo redactor acaba de entregar ao Concello a PXOM completo, unha vez que realizou todos os cambios marcados polos informes sectoriais e polas alegacións consideradas.
 
Os informes de Aviación Civil e Fomento foron os últimos do total de 57 que tivo que obter o Concello de forma favorable para avanzar na elaboración do PXOM. Ambos os dous requiriron cambios no documento, que non foron de gran calado pero levaron un arduo traballo do equipo redactor ao necesitar variacións en planos.
 
No caso de Fomento, as principais variacións chegaron polo Vial 18 e a autoestrada AP-9. O equipo redactor tivo que incluír tamén o trazado do Vial 18 contemplado por Fomento, en tanto non se resolven as alegacións a este proxecto e se define o definitivo. E en canto á AP-9, o PXOM cullerdense recolle a reserva de solo para a ampliación dun terceiro carril, segundo requiriu o Ministerio.
 
No caso de Aviación Civil, foi necesario aclarar as clasificacións dos solos do ámbito dos colexios Montespiño e Rías Altas, así como ter en conta as servidumes aeronáuticas en tramitación.
 
Ao completar esta fase, o Concello de Culleredo xa pode remitir o Plan á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para que leve a cabo o pertinente estudo ambiental. Tras recibilo, a administración autonómica contará con tres meses para elaboralo.
 
Cando o Concello reciba o estudo ambiental da Xunta, examinarase o documento por se se propón algunha modificación. De non ser así, o Concello procederá entón a comunicar a cada alegante se se aceptou a súa alegación, e exporá na páxina web municipal, cumprindo coa Lei de Protección de Datos, as aceptadas ou rexeitadas e o informe técnico en que se basea a decisión. Nos casos de aceptación, indicarase con claridade que forma parte da proposta municipal que en todo caso pode ser variada pola Xunta de Galicia, como administración competente da aprobación definitiva do Plan Xeral.
 
Unha vez que o sentido do informe ambiental sexa positivo, o goberno local poderá levar o PXOM a pleno para a súa aprobación provisional. O último paso sería entón a súa remisión á Secretaría Xeral de Urbanismo para a aprobación de forma definitiva o plan.
 
Pero antes de mandar o Plan a Medio Ambiente, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, convocará a Comisión Especial da PXOM. O seu obxectivo será dar cumprida información aos grupos que conforman a corporación do proceso de elaboración, os informes sectoriais ou o estudo das alegacións.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina