A xunta local de seguridade convocará unha mesa de coordinación en violencia de xénero

O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, copresidiron a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade, principal órgano de colaboración policial no municipio. Xunto a eles, asistiron a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, acompañado polo tenente responsable do cuartel de Culleredo, José Antonio Táboas. 
 
Por parte do Concello asistiron, ademais do alcalde, o primeiro tenente alcalde, José Ramón Rioboo, e o inspector principal da Policía Local, Ricardo Dovigo. En representación da Policía Autonómica asistiu o Inspector Antonio Neto. Por último, para abordar a materia de violencia de xénero asistiron a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, Judit Fontenla, e a psicóloga do Concello de Culleredo, Fátima Uzal.
 
Na reunión realizouse un balance da evolución da seguridade no municipio nos oito primeiros meses do ano. A principal conclusión desta análise é que, a pesar de detectarse un lixeiro incremento do número total de infraccións penais rexistradas en Culleredo, a taxa de delincuencia mantense na media da provincia.  
 
Os informes proporcionados pola Garda Civil apuntan a que este incremento se debe á recente modificación do Código Penal que fai que suba o cómputo de infraccións ao variar as categorías de delictos e a un aumento de pequenos furtos e distraccións en momentos puntuais de aglomeracións de persoas, como as festas, e ao incremento das estafas por Internet denunciadas. Os responsables da Seguridade indicaron que, pola contra, constatábase un descenso en roubos en vivendas.
 
En todo caso, o subdelegado lembrou que coas incorporacións rexistradas no principio do ano, o cuartel da Garda Civil de Culleredo conta con todo o persoal cuberto ao completo, o que supón un total de 38 axentes dispoñibles actualmente. Pola súa banda, o alcalde anunciou que o Concello prevé a incorporación de cinco axentes no persoal da Policía Local, a condición de que a lexislación o permita.
 
Ademais, tamén se constatou unha importante diminución no número de incendios forestais rexistrados xa que, segundo os datos da Policía Autonómica, pasaron de once o ano pasado a tres con categoría de conato neste exercicio.
 
Violencia de xénero
 
A Xunta Local de Seguridade acordou a próxima convocatoria da Mesa Local de Coordinación en materia de Violencia de Xénero. Este órgano constitúese como un instrumento operativo de traballo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directamente ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxectivo de optimizar todas as actuacións que se requiran a tal fin. Para iso inclúe a responsables de forzas de seguridade, organismos públicos e asociacións, entre outros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina