O Concello propón ao pleno bonificacións en ordenanzas para 2017

O Concello de Culleredo proporá ao pleno ordinario da corporación, que terá lugar o xoves 29 ás 20.30 horas, varios cambios en ordenanzas de cara ao exercicio 2017. Entre eles atoparase un tipo especial no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (comunmente chamado imposto de circulación) para os de tipo eléctrico, tendo en conta os beneficios ambientais que supoñen.
 
En concreto, o goberno local que preside Julio Sacristán suxire introducir un novo epígrafe na ordenanza para que os propietarios de vehículos eléctricos conten cunha bonificación dun 25%. Uniríase así ás reducións xa contempladas para vehículos híbridos ou os que empregar como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol ou hidróxeno.
 
En todos os casos trátase dunha axuda para os que se animan a un combustible con maior respecto ao medio ambiente.
 
Outra das ordenanzas que se proporá modificar no pleno será a que regula a taxa pola ocupación de terreos de uso público en terrazas de hostalaría. O texto actual marca que a baixa na taxa terá efectos a partir do primeiro día do ano seguinte a aquel en que se presentou a baixa.
 
Agora o Concello propón unha excepción: nos casos de baixa por cesamento de actividade do negocio, o importe das cotas se prorrateará por trimestres naturais. Así se quere apoiar ao hostaleiro que por calquera motivo teña que deixar a súa actividade.
 
Finalmente, o goberno local tamén proporá variacións na ordenanza reguladora da taxa de depuración de augas residuais para adaptala ao aprobado no consello de administración da EDAR Bens. A taxa ata agora era única de 0,28 euros por metro cúbico pasa a diferenciar os usuarios domésticos e non domésticos e introduce un compoñente fixo de 0,50 euros ao mes.
 
Haberá unha bonificación dun 100% para persoas en risco de exclusión e de diversa índole para as familias numerosas.
 
Se o pleno aproba os cambios que leva o equipo de goberno, os textos das ordenanzas abriranse a exposición ao público por un mes para poder recoller as alegacións ou observacións oportunas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina