Culleredo celebra esta semana a cuarta edición do Campus de Patinaxe Inclusivo, iniciativa do club Aura en colaboración co Concello e que conta co Premio á Intregación Social mediante o Deporte, concedido pola Fundación María José Jove en 2014. A súa particularidade é que conta coa participación cada ano de entidades sociais que poden inscribir a nenos proporcionándolles unha excepcional experiencia de integración.
Nesta ocasión, son catro as asociacións sociais que forman parte da iniciativa: Anhida Coruña (asociación de persoas con déficit de atención, con ou sen hiperactividade), Mestura (asociación pola integración social das persoas inmigrantes), Alcer Coruña (asociación para a loita contra as enfermidades do ril) e Dismacor (Asociación de pais de nenos e persoas con discapacidade das Mariñas Coruñesas).
A experiencia exclusiva consiste por unha banda, na convivencia de pequenos apuntados libremente cos procedentes da ONG, cuxa participación está apoiada polo club. E doutra banda, cada xornada do campus conta cun tempo para que as asociacións desenvolver os seus programas de concienciación e educación aos nenos.
Entre esas actividades atoparase a visita do can da asociación Anhida, especificamente adestrado para traballar os trastornos de hiperactividade, ou un taller de alimentación saudable.
Segundo Elisa López, responsable do club de patinaxe, a iniciativa promove a integración dos nenos destes colectivos desde unha perspectiva "normalizadora e inclusiva". Polo seu lado, a edila de Benestar Social, Lupe Pombo, asegura que o campus cumpre un papel fundamental na integración, a través dunha actividade deportiva.
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, móstrase "convencido" de que este evento é un medio idóneo para propor experiencias integradoras como esta e fomentar de paso a práctica deportiva entre os máis pequenos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER