O Concello aproveita o superavit logrado para programar novos investimentos

O superávit logrado polo Concello de Culleredo permitiu aprobar un plan para a amortización de máis crédito bancario e a programación de novos investimentos en resposta ás formulacións dos veciños. A modificación do orzamento, aprobada o pasado xoves en pleno, foi de 1,4 millóns de euros para incorporar novas partidas.

Coa liquidación de 2015, o goberno local obtivo un superavit de 2,7 millóns de euros, alcanzado o remanente de tesouraría a cifra de 5,6 millóns. O alcalde, Julio Sacristán, considera que os bos resultados económicos deben traducirse en "actuacións tanxibles" para atender necesidades do municipio e peticións veciñais. "Traballamos duro na contención do gasto para poder programar investimentos en equipamentos e infraestruturas de interese xeral", sostén.

Da proposta, un total de 698.133,24 euros irán destinados á amortización de créditos bancarios, que na actualidade xa supón só o 21% (moi por baixo do que lle permitiría a lei) ao tela reducido drasticamente nos dous últimos anos. A esa cifra uniránselle neste exercicio outros 589.212,10 euros xa previstos para amortización no orzamento municipal, obtendo un total de 1.287.345,34 euros que descenderá a débeda este exercicio.

Un total 698.133,24 euros dedicaranse a investimentos propostos por asociacións e veciños. O máis grande, de 176.354,70 euros consistirá na construción dun aparcadoiro de superficie na avenida do Portádego, para dar servizo ao novo centro de saúde.

Outro dos proxectos, de 160.606,52 euros, consistirá na restitución da ribeira do río Trabe, no Burgo, na contorna do campo de fútbol. O paseo foi executado no seu día por Augas de Galicia, pero a aparición de problemas no dique provocaron a caída de parte do mesmo.

Outros dous proxectos destínanse a parques infantís, continuando o plan municipal de aumentar as súas prestacións con novo firme de caucho e melloras nos xogos. Neste caso inclúese o parque Luís Seoane en Vilaboa (85.933,76 euros) e o parque infantil do paseo marítimo do Burgo (38.742,99 euros).

E tamén se inclúe unha actuación para mellorar o polideportivo do Burgo, cun orzamento de 81.567,45 euros. Consistirá principalmente no arranxo das humidades e da fachada.

Finalmente, inclúense partidas para obras executadas ou en execución que o director de obra determinou necesario máis gasto para levar a cabo actuacións sobrevindas. Son 72.915,37 euros para o Edificio de Servizos Múltiples, 28.230,10 euros para o centro cívico de Fonteculler, e 53.782,35 euros para o campo de fútbol de Rutis.

Sacristán destaca que se poderán satisfacer prioridades como contar con máis estacionamento xunto ao novo centro de saúde ou mellorar notablemente un espazo público como o paseo do Trabe. Sobre os parques infantís, sinala que a contía que se destá destinando entre o ano pasado e este é enorme porque "son espazos que usan a diario as familias e pídennos que teñan as mellores condicións para os nenos".
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina