O Concello de Culleredo estrea sistema de participación cidadá

O Concello de Culleredo estrea novo sistema para potenciar a participación cidadá na vida municipal. O goberno local convocou ás asociacións que figuran no rexistro municipal para darlle a coñecer os detalles da nova estrutura coa previsión de iniciar o traballo este mesmo mes.

O sistema de participación busca a implicación das asociacións e axentes sociais na toma de decisións no Concello. Canalizarase a través de catro Consellos con áreas definidas e un Consello Sectorial que será o coordinador do sistema.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, quere unha estrutura participativa real, que non quede nunha simple declaración de intencións. De feito, estableceuse unha periodicidade de dúas reunións trimestrais por cada Consello, máis as extraordinarias por temas que poidan xurdir, que se convocaría polo presidente ou pola metade máis un dos compoñentes.

Na reunión, o Concello expuxo os detalles do funcionamento do plan. Cando se reúna cada Consello, poderá establecer o seu propio regulamento.
 
O Consello Sectorial de Participación Cidadá, será que o reciba os informes dos outros catro e o encargado de elevar as recomendacións ou propostas que se acorden. De feito, o Concello estableceu que este Consello poida propor ata un 30% do gasto anual de investimento en proxectos. Encargarase por tanto de refundir os acordos dos outros catro consellos, evitando así contradicións e duplicidades, e impulsalos á súa aprobación oficial.
 
Todos os consellos contarán coa participación de concelleiras do goberno, un dos cales exercerá o labor de presidente, e de concelleiros de cada grupo da oposición. A composición dos axentes sociais varía en función do consello. No caso do Consello Sectorial de Participación Cidadá, presidido por Sacristán, contará con dous representantes das asociacións de veciños, e dous representantes de cada un dos outros Consellos.
 
Así mesmo, poderán contar coa participación de expertos dependendo da especialidade que se trate coa finalidade de obter o asesoramento que se considere adecuado.
 
O resto de Consellos e os seus membros (ademais dos concelleiros) e funcións serán:
 
Consello Local de Seguridade. Presidido por José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde e edil de Seguridade Cidadá, as súas propostas versarán sobre seguridade cidadá e viaria, violencia de xénero e acosos escolar. Contará co xefe da Policía Local, o tenente da Garda Civil, a xefa de servizos de Benestar Social, representantes das asociacións de mulleres, representantes das asociacións de veciños, un representante dos centros escolares.
 
Consello Sectorial de Benestar Social. Abordará os servizos de benestar, saúde, igualdade e o voluntariado, presidido por Lupe Pombo, concelleira de Benestar Social. Participarán as entidades sociosanitarias implantadas en Culleredo, a ONG que traballan no campo da inmigración, as asociacións de persoas con minusvalía, as asociacións de veciños, o coordinador dos centros sanitarios de Culleredo, e un técnico municipal da área.

Consello Sectorial de Educación, Cultura, Deportes e Tempo Libre. Abordará as competencias municipais nestas materias. Participarán a ANPA, as asociacións de tempo libre, as xuvenís, culturais, teatrais, as asociacións de veciños e un técnico municipal, coa presidencia de Carmen Varela, concelleira de Educación e Cultura.

Consello Sectorial de Urbanismo, Medio Ambiente, Servizos e Promoción Económica. Participarán a confraría de mariscadores, os comerciantes, os taxistas, a asociación de hostalaría, un representante do aeroporto, a asociación de empresarios, as asociacións de veciños, e os xefes de servizo destas áreas. Estará presidido por Rioboo, concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos.

O alcalde aposta por promover a total implicación das asociacións para orientar as políticas do Concello a satisfacer as principais necesidades de forma común. Por iso anima os veciños a participar nas entidades e aos seus membros a involucrarse ao máximo nesta nova estrutura de participación do Concello.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina