O pleno aprobou introducir criteiros sociais nas contratacións municipais

O Concello de Culleredo terá en conta consideracións de tipo social nas súas contratacións. Así o aprobou o pleno onte, cos votos a favor de todos os grupos excepto o PP que se abstivo. A proposta foi elevada polo Concello por mor da moción presentada no seu día pola Marea Veciñal de Culleredo e que quedou pendente dos informes xurídicos municipais.

Son un total de cinco os criterios sociais que se introducirán nos pregos de condicións administrativas particulares. En primeiro lugar, garantirase que en caso de empate entre dous ou máis empresas na proposta máis vantaxosa terá preferencia na adxudicación aquela con maior número de traballadores fixos con discapacidade.

En segundo lugar, introdúcese nos pregos unha cláusula, cando así se considere, establecendo como condición especial de execución a contratación de persoal inscrito nos servizos públicos de emprego.

En terceiro lugar, nos contratos que polas súas características se considere apropiado, poderase incluír unha cláusula que determine a aplicación dun Plan de Igualdade específico por parte da empresa. Deberá contemplar políticas de acceso ao emprego, clasificación profesional, calidade e estabilidade laboral, e duración e ordenación da xornada laboral.

En cuarto lugar, poderase requirir un compromiso do adxudicatario de aplicar ao persoal adscrito á execución do contrato as condicións laborais que figuren no convenio laboral que resulte de aplicación.

E en quinto lugar, se decide que os pregos con algunha das anteriores condicións figure como cláusula específica de resolución o incumprimento das mesmas.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina