O Concello concede subvención ás asociacións de todos os ámbitos

O Concello de Culleredo concede axudas económicas a todas as asociacións radicadas no municipio. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, firmou nun acto no consistorio os convenios coas 77 entidades de todos os ámbitos que traballan no municipio.

É unha das vías que emprega o Concello para apoiar de forma real ás asociacións. En total, as distintas achegas alcanzan unha cifra total de 71.000 euros, a cifra máis alta dos últimos anos. As entidades xustificaranos tecnicamente cos seus proxectos para recibir a subvención.

O investimento destinado este ano supera os 68.000 euros do ano pasado e os 49.600 euros dedicados en 2013.

Trátase de todas as entidades que funcionan no municipio. Dedícanse a todo tipo de ámbitos: veciñais, culturais, deportivas, sociosanitarias, educativas, de comercio e empresariais.

Sancristán destaca o traballo desinteresado que levan a cabo as entidades para o benestar social de Culleredo. "Son un axente crave para impulsar a atención social, a actividade deportiva e cultural, os programas educativos e a participación cidadá en xeral", afirma.

Outro dos sistemas que segue o equipo de goberno para apoiar ás asociacións consiste en ceder o uso de forma continuada de locais, instalacións deportivas e culturais, ou material a todos os colectivos que o necesitan. O goberno local calcula que esta modalidade o investimento para o tecido asociativo rolda os 250.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina