O Concello sustitúe a Reitoral de Celas pola antiga escola unitaria para as celebracións veciñais

A iniciativa do Concello de Culleredo de ceder, de forma gratuíta, o uso de instalacións aos veciños para os seus encontros atopou estes dous anos unha gran resposta. Practicamente cada fin de semana organízanse celebracións, aniversarios ou reunións nos locais previstos na ordenanza.

Entre eles atopábase a Reitoral de Celas. Con todo, pola experiencia deste período, as condicións nas que ocasións queda a reitoral tras o seu uso non son as adecuadas para a súa utilización por parte das asociacións.

Por iso resulta aconsellable excluír a Reitoral de Celas da posibilidade de cesión para celebracións e cinguila ao seu emprego por parte de asociacións. Así llo trasladaron os veciños de Celas ao Concello, que este xoves levará a pleno a modificación da ordenanza respectiva.

Pero seguirá habendo alternativas para as celebracións cidadás, sempre segundo as condicións que marca a norma. Na propia contorna do parque de Celas poderase ceder a antiga escola unitaria, xa en desuso, que será preparada para este fin, cunha capacidade de ata 40 persoas.

E ademais, o Concello tamén seguirá prestando outros dous espazos xa moi demandados: o galpón do parque de Celas, con capacidade ata 100 persoas, e a planta baixa do centro social O Nos Lar, en Tarrío, coa mesma capacidade.

As tres opcións contan con espazo exterior, ideal para acudir con nenos e pasar unha xornada familiar. Iso si, o goberno local fai un chamamento ao seu uso responsable para garantir que os espazos se deixan en boas condicións e poder continuar con esta iniciativa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina