O superávit logrado permite ao Concello reformar o Edificio de Servizos Múltiples e o campo de fútbol de Rutis

Os bos resultados orzamentarios permiten ao Concello de Culleredo dedicar parte do superávit cultivado á realización de dous dos máis necesarios investimentos para o municipio. O goberno local esperaba desde hai meses a autorización do Goberno do Estado ás administracións locais para poder destinar superávit ao capítulo de investimentos.

En febreiro, o Goberno central aprobou o Real Decreto-Lei que abriu as portas á realización de actuacións a cargo do remanente. Por iso, o Concello aprobou onte en pleno o expediente de gasto extraordinario que consignará estes investimentos.

A liquidación do orzamento do exercicio 2013 reflicte un remanente de tesouraría positivo de 3.098.793,08 euros, cunha capacidade de financiamento de 3.019.009,05 euros. Esta situación é a que permite ao Concello esta decisión.

En concreto, serán 1.578.932,81 euros os dedicados a investimentos. A previsión do Concello é que a reforma do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo necesite 814.275 euros e a remodelación do campo de fútbol de Rutis, 7654.657,81 euros.

No caso do Edificio de Servizos Múltiples, a actuación consistirá na súa renovación integral. Trátase do principal centro municipal na zona urbana, acollendo unha rica programación cultural, albergando a Biblioteca coa súa sala infantil, e oficinas municipais. O edificio, con máis de 25 anos de vida, demanda unha reforma completa para modernizalo e adaptalo ás necesidades dos usuarios.

A reforma do campo de fútbol de Rutis constitúe unha petición dos centos de usuarios que practican este deporte. O Concello dotarao de céspede artificial e iluminación para ofrecer un servizo adecuado aos veciños.

O goberno local aposta por aproveitar os importantes esforzos económicos asumidos para poder levar a cabo actuacións de máximo interese para os veciños de Culleredo, que verán mellorados os seus servizos administrativos, culturais ou deportivos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina