O Descenso ao Xalo reunirá o domingo a 150 ciclistas en Culleredo

O monte Xalo prepárase para acoller o vindeiro domingo, 30 de marzo, a cuarta edición do Descenso do Xalo. Será a primeira proba do Open Galego de descenso de bicicleta de montaña, polo que reunirá a deportistas de renome desta modalidade a nivel nacional.

O club School Riders, organizador da proba, e o Concello de Culleredo, que colabora na cita, presentaron o evento. Ao acto acudiron o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, o presidente do School Riders, Carlos Castro, a vicepresidenta, Eva Castro, o tesoureiro, Ricardo Caballero, e o corredor cullerdense Aarón Caballero.

O club destacou a gran participación que terá a carreira deste fin de semana, con 150 corredores confirmados. Este circuíto do Xalo, que este ano vive a súa cuarta edición do descenso, mellorou substancialmente e agora é un dos trazados favoritos dos corredores, apuntou o presidente.

Corredores importantes como Toni Ferreiro (actual campión de España de descenso e top 15 do mundo), o corredor de tinerfeño Edgar Carballo (piloto asiduo aos podiums nacionais) e corredores chegados de Madrid, Valladolid ou Asturias daranse cita en Culleredo. Ademais competirán os corredores locais e chegados de toda Galicia, "que tamén darán guerra esta fin de semana".

O corredor cullerdense Aaron Caballero, do School Riders, non poderá participar por unha lesión producida hai dúas semanas na primeira proba de Open de España.

Os horarios do domingo de marzo son os seguintes:

  • Entrenos oficiais: de 8.00 a 13:30
  • Primeira manga: 15.30
  • Segunda manga: 17.30

A zona de meta estará situada en Celas de Peiro.

O concelleiro de Deportes agradeceu ao club o "enorme esforzo" que leva a cabo para organizar unha proba de primeira liña nacional como esta. Suárez considera que a contorna do monte Xalo é "idóneo" para unha competición de descenso e aposta por aproveitar as súas potencialidades como espazo deportivo.

O edil explicou que o Concello manterá un dispositivo especial de seguridade o domingo para garantir a seguridade de corredores e público asistente. Suárez augura que a proba será "dunha calidade extraordinaria".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina