O Concello puxo en marcha un rexistro auxiliar no Burgo

Os veciños da zona urbana de Culleredo xa teñen a administración municipal máis preto. O Concello abriu o pasado luns un novo rexistro no Burgo, que se suma ao xa existente na casa consistorial, para facilitar as xestións das parroquias máis poboadas do municipio.

O goberno local dotou ao rexistro auxiliar, situado na planta baixa do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de dúas unidades, capaces de levar a cabo os mesmos procedementos e tramitacións que o rexistro xeral.

Nesta primeira semana de vida, o rexistro do Burgo atendeu a medio centenar de veciños, a pleno rendemento. Estímase que a cifra crecerá substancialmente xa que a súa apertura coincidiu cun día festivo e as festas de Entroido.  As principais xestións levadas a cabo consistiron en certificados de empadroamento, así como a achega de documentación para diversos procedementos ou a entrega de facturas.

Os usuarios que acudiron ao rexistro auxiliar mostraron a súa satisfacción pola decisión do Concello de habilitar este servizo. E é que as facilidades para os veciños do Burgo, Acea de Ama, Fonteculler, Cordeda, A Corveira, ou Vilaboa son notables ao non ter que desprazarse ata Tarrío.

O rexistro auxiliar do Burgo ten un horario de apertura de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que esta medida persegue "propiciar aos cidadáns un segundo punto para a entrega de documentación necesaria na realización dos seus trámites". O rexedor considera que proporcionará unha mellora substancial da atención ao veciño ao evitarlle desprazamentos máis longos, respondendo as necesidades trasladadas polos veciños.

A intención do goberno de Culleredo pasa por habilitar un novo rexistro en Vilaboa, no pazo de Vila Melania. Acometerase unha vez verificada a idoneidade e bo funcionamento do novo do Burgo. Desa forma, os dous principais núcleos do municipio disporán de rexistro auxiliar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina